23 nov 2011

O SEXENIO DEMOCRÁTICO

Liña do tempo do Sexenio Democrático cos datos máis salientables deste período, imaxes e vídeos.

Que é a "Deslocalización"

Unha visión crítica da globalización económica

Os efectos da globalización económica non sempre son positivos. E como unha imaxe vale máis que mil palabras, a continuación podedes ver unha serie de caricaturas nas que se critican as consecuencias da globalización cun toque humorístico. A ver que vos parecen. Agardo os vosos comentarios!

Miniapuntamentos sobre a Globalización

Aquí vos deixo uns apuntamentos moi básicos sobre a Globalización que coido vos poden ser de utilidade. A GLOBALIZACION

20 nov 2011

Antiglobalización

A globalización é un tema moi polémico. Son moitas as voces contrarias a unha globalización económica que, lonxe de fomentar o desenvolvemento e a igualdade, provoca maior desigualdade entre ricos e pobres. No seguinte video podedes atopar algúns dos argumentos interesantes contrarios ao modelo actual de globalización.

Un mundo globalizado

Todos os días escoitamos nos medios de comunicación que o noso é un mundo globalizado. Pero, que é iso?. Na seguinte presentación recóllense a modo de esquema as causas e consecuencias da globalización así como as características fundamentais das principais potencias económicas mundiais na actualidade.

30 oct 2011

As Cortes de Cádiz volven estar de moda

A obra das Cortes de Cádiz está de máxima actualidade:
-Esta semana celebrouse en dita cidade o X Congreso Nacional da Avogacía, con polémica incluída polas declaracións sobre os cataláns de Gregorio Peces-Barba, un dos pais da Constitución española. 
-Hoxe mesmo, na clausura do Congreso Iberoamericano celebrado en Asunción (Paraguai), anunciouse que Cádiz será a sede da reunión do próximo ano.

Pero por que é tan importante Cádiz? Que sucedeu nesa cidade en 1812? Se premedes sobre a seguinte imaxe, obteredes información interesante ao respecto...

Xuramento das Cortes Constituintes na Igrexa Maior Parroquial da Real Isla de León. 24 de setembro de 1810. 
Óleo sobre lenzo que se conserva no Salón de Plenos do Congreso dos Deputados, Madrid. Casado del Alisal (Palencia, 1832 - Madrid, 1886). Imaxe entraída de Educared.

ACTIVIDADE ECONÓMICA

Esta semana comezamos a estudar un novo tema de máxima actualidade: a Actividade Económica.
Para iniciarvos nel podedes consultar o seguinte esquema. Coido que é bastante útil e premendo sobre a imaxe podedes amplialo para velo mellor.


26 oct 2011

Para aqueles que dicides que o que estudamos na clase non serve para nada...

Como sabedes, a illa de El Hierro nas Canarias está no punto de mira da actualidade polos movementos sísmicos que rexistrou nas últimas semanas e a erupción volcánica submarina que ten en tensión a súa poboación.
Por outra banda, o pasado domingo, un terremoto de 7,2 grados sacudiu a provincia de Van, no surleste de Turquía. O balance de vítimas é de 1.352 feridos e 461 mortos, mais agárdase que a cifra ascenda.

(imaxe de noticias.terra.es) (imaxe de el punto crítico)

E quen está detrás destes acontecementos? A tectónica de placas. Si, esa da que estivemos falando estes días na clase cando estudamos a orixe do relevo terrestre. Como vedes, parecen estar máis activas ca nunca. Para que logo digades que o que se estuda na aula non serve para nada...